Unha aposta polo pequeno formato e a responsabilidade para as datas sinaladas do calendario estival de Marín

Unha aposta polo pequeno formato e a responsabilidade para as datas sinaladas do calendario estival de Marín

A crise da Covid19 cambiou todo o noso xeito de vivir. Hoxe estamos estreando a “nova normalidade”, grazas á mellora da situación epidemiolóxica na nosa comunidade, pero o escenario aínda segue sendo complexo e é necesario adaptarse a unha nova realidade na que as medidas de prevención e de seguridade sanitaria deben primar sobre outras cuestións.

Por esa razón, o Concello vén de anunciar que as Festas do Carme deste ano non contarán con actuacións de gran formato ou verbenas nin con atraccións de feira. Apostarase por unha modalidade menos multitudinaria, na que primará a ambientación e a animación musical e outras actividades culturais que permitan aforos máis limitados e, por tanto, un ocio seguro e controlado, acorde cos tempos que estamos a vivir.

Segundo declarou a alcaldesa, María Ramallo, “non podemos festexar o Carme como sempre o fixemos porque este é un ano diferente a todos os demais, por iso, aínda que serán días nos que poderemos gozar do ocio e da nova normalidade, non podemos esquecer todo o que se viviu nestes últimos meses”.

Agora, o Concello está traballando en artellar unha programación que chegue a diversos puntos do casco urbano e que recolla todas estas características de pequeno formato antes mencionadas. Deste xeito, está previsto poder presentar o cartel, o pregoeiro e as actividades nas vindeiras semanas.

Anterior Bases para contratación de Socorristas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados