VIII EDICIÓN STOCK MARÍN
VIII EDICIÓN STOCK MARÍN

VIII EDICIÓN STOCK MARÍN

A VIII Edición de STOCK MARÍN, celebrarase do 1 ao 3 de agosto, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín

Marín, 29 xullo de 2025

A Alcadesa do Excmo. Concello de Marín, Dª María Ramallo, a Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña, o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira e a Xerente da Praza de Abastos de Marín, Dª Helena Caiña presentaron esta mañán a VIII Edición de “Stock Marín”. A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 19 de 5x5m e de 3 e de 3x3m.

Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos interesantes (descontos desde o 50%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, papelería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 (o domingo pecharase ás 21) e a entrada será gratuíta.

Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento, a tarde do domingo, ás 19.30h realizarase un sorteo presencial de 1.000€ en tarxetas regalo. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 17 vales de 50€, para canxear nos stands participantes nesta promoción e dun vale de 150€ a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada. O gasto efectuarase durante a feira de stocks. Dos vales compra non se devolverá cambio. Máis info na seguinte ligazón.

Tamén haberá regalos (ata fin de existencias) e habilitarase un photocall, que dará a opción de acadar premios. Os máis novos (ata 25 anos), poderán participar no torneo de FIFA25 o sábado pola tarde de 19.30 a 21.30 horas. Inscrición na seguinte ligazón.

Outra novidade desta edición, serán as “ofertas relámpago”. Nas redes sociais da asociación publicaranse ofertas que terán unha validez determinada.

O acto de inauguración, terá lugar o venres día 1 ás 12hrs. Ao citado acto, asistirán a alcaldesa do Concello de Marín Dª María Ramallo e a presidenta do CCA Estrela de Marín, Dª Catalina Conde, ademais doutras autoridades locais.

Os establecementos participantes nesta VIII edición do Stock Marín son: A Mi Love, Acolá Trend, Bebé Katy, Bolboreta, CCA Estrela de Marín, Data Marín, Delirious, Deportes Xesta, El Armario de Alia, Five Sport, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Nene’s Moda Infantil, Makacos, Orballo da Ponte, OSBS, Paíno & Maína, San Carlos, Servilar Deco & Design, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica.

Queremos agradecer a predisposición do Concello, a colaborar con esta VIII Edición de Stock Marín, xa que asume parte dos custos da montaxe e dos custos do control e vixianza do evento. O evento conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Anterior O venres abrirá o prazo para solicitar a instalación de mesas na Festa Corsaria

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados