A alcaldesa María Ramallo e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, comprobaron os avances dados ata o momento por parte da empresa adxudicataria
Marín, 10 decembro 2025
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, realizaron unha visita de obra ao Pavillón do Sequelo, onde a empresa Sergonsa vai avanzando na execución dunha reforma que suporá un antes e un despois para esta infraestrutura deportiva.
“Trátase dunha actuación que busca mellorar o pavillón a nivel de eficiencia enerxética, así que cambiarase a cuberta e cubrirase a fachada con SATE”, explicou a rexedora. Algunhas destas intervencións xa se poden ir visualizando na obra e outras xa están máis avanzadas, como o cambio de ventás nos vestiarios ou o repintado das columnas da bancada.
A maiores, a pista recibirá un tratamento completo para a súa mellora, pulíndoa e barnizádoa e retirarase o perímetro que a arrodea e que é de tarima, para poñer un material PVC resistente e con durabilidade.
“Levamos un ano moi intenso no que ten que ver coa inversión deportiva”, asegurou a alcaldesa, que lembrou que esta misma intervención xa se realizou no Pavillón da Cañota e acabamos de adquirir dous videomarcadores, un que virá para este pavillón ao rematar as obras e outro que quedará na Raña”.
Ramallo tamén fixo alusión ás inversións realizadas na piscina municipal, coa compra de nova maquinaria para a sala fitness e a instalación de aire acondicionado, así como a renovación da deshumectadora, que está en tramitación.