XX Concurso de Poesía Concello de Marín

XX Concurso de Poesía Concello de Marín

BASES
PRIMEIRA: O presente concurso denominarase:
“XX CONCURSO PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE MARÍN”
SEGUNDA:
Poderán concorrer a este certame, tódolos/as poetas de ámbito nacional.
TERCEIRA:
Os traballos en lingua galega, compre que sexan orixinais e inéditos, terán unha
extensión mínima de 100 versos, non sendo requisito imprescindible que formen parte
dun só poema; podendo presentarse como comprensivo de varios do que, a totalidade,
terá a devandita extensión.
CUARTA:
Concederase un premio único de mil euros (1.000,00 €).
A contía do premio farase efectiva previa redución do correspondente IRPF en vigor, e
imputarase con cargo á partida correspondente do orzamento municipal deste exercicio.
QUINTA:
O prazo de presentación dos traballos rematará as 14 horas do 26 de abril de 2019.
SEXTA:
Os orixinais presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Marín, en 4 exemplares
mecanografados (tamaño Din A4) escritos por unha soa cara. Terán que remitirse sen
nome do autor/a, acompañados dunha plica, na que se indique na súa parte exterior un
lema, que figurará tamén na primeira folla. No interior da plica, consignarase o nome do
autor/a, o seu enderezo postal, o correo electrónico e o teléfono; así mesmo, incluirase
declaración responsable do autor ou asinante do traballo de non estar incurso en
ningunha das circunstancias de prohibición da obtención de condición de beneficiario
de subvencións previstas no artigo 10 da lei 9/2007, de Subvencións de Galicia, e de
estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade social.
A remisión farase á concellaría de Cultura do Concello de Marín, indicando no sobre:
PARA O “XX CERTAME DO PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE MARÍN”
SÉTIMA:
O Xurado fará público o resultado a través dos medios de comunicación no día no que
se falle o premio: o vindeiro 14 de maio.
O autor/a comprométese a acudir a esta cidade para recoller o seu premio que se
entregará nos actos a celebrar no Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2019, e a ler o
traballo no acto de entrega do premio ao gañador/a.
OITAVA:
A concesión do premio non implicará a perda dos dereitos de autor/a do traballo
premiado. Non obstante, o Concello de Marín resérvase o dereito de publicar total ou
parcialmente o traballo premiado.
NOVENA:
Os traballos presentados poderanse retirar, nun prazo dun mes do fallo do premio,
polos/as seus/súas autores/as, previa acreditación da súa pertenza, non
responsabilizándose da perda fortuíta dalgún orixinal, tralo prazo sinalado.
DÉCIMA:
A participación neste concurso implica a aceptación destas bases, e polo demais, o que
non sexa previsto, estará baixo o criterio dos membros do xurado.
UNDÉCIMA:
Se os traballos presentados, non reuniran a suficiente calidade, a proposta do xurado,
poderá declararse deserto o premio.
DUODÉCIMA:
O xurado estará presidido pola concelleira de Cultura ou persoa en quen delegue, e
formarán parte do mesmo: profesores/as de Literatura e Lingua Galega, a directora da
Biblioteca Municipal Vidal Pazos ou persoa en quen delegue, actuando como secretario
o responsable do Museo Municipal M. Torres.
DÉCIMO TERCEIRA
As presentes bases serán publicadas na páxina web do Concello, taboleiro de anuncios
e nos medios de comunicación, ao menos nun xornal da provincia.

Anterior Os Petróglifos de Mogor nas Guías Petite Futé

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados