18 vivendas de Macenlle beneficiáronse do proxecto de ampliación do abastecemento da auga

18 vivendas de Macenlle beneficiáronse do proxecto de ampliación do abastecemento da auga

05 febreiro 2021

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitou as obras de ampliación do abastecemento da auga a través da traída municipal que se realizaron no núcleo de Macenlle, que ata o momento non contaba con ese servizo.

Este proxecto realizouse en colaboración coa CCMM de San Xulián e a plataforma veciñal, cuxos representantes acompañaron hoxe ao edil na súa visita. En total, con esta intervención conseguise beneficiar a 18 vivendas, que poderán contar con este servizo previa solicitude de alta.

A veciñanza mostrouse moi agradecida pola realización desta actuación, “xa que as súas traídas e pozos durante o verán notábanse mermados pola sequía”, asegurou o concelleiro, que á súa vez quixo agradecer á comunidade de montes e á plataforma “a boa sintonía, que nos leva a unir forzas para sacar adiante proxectos que redundan nunha mellora da calidade de vida da veciñanza”.

O coste total da obra foi de 20.255,40 euros, dos cales o 60% foron aportados polo Concello, correspondéndolle o 40% á Comunidade de Montes.

Anterior Ramallo comproba o bo ritmo de avance das obras de humanización da Avenida de Ourense

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados