A Alameda contará cunha nova iluminación máis eficiente

A Alameda contará cunha nova iluminación máis eficiente

O Concello de Marín, seguindo os criterios de sostenibilidade medioambiental, aposta pola eficiencia enerxética no que ten que ver ca iluminación do municipio e por iso acaba de aprobar a renovación do alumeado público da Alameda.
Esta actuación farase dentro do marco do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cun custe global de 18.045 euros (IVE incluído) e será executado pola empresa Idom. No proxecto figura a instalación de módulos e luminarias de tipo LED, cas que se conseguirán uns niveis de iluminación adecuados para a contorna da Alameda, que é o corazón da vida social marinense.
Ademais, grazas á substitución da antiga iluminación, avanzarase no obxectivo de converter a Marín nunha vila cen por cen aforradora a nivel enerxético, dado á mellora a nivel de gasto que se experimentará cas novas luces.
O prazo de execución do proxecto será dun mes a partir do día seguinte ao replantexo.

Anterior O Concello encarga a instalación dunha gaiola na contorna do Mercado para minimizar os exemplares de pombas e gaivotas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados