O Concello encarga a instalación dunha gaiola na contorna do Mercado para minimizar os exemplares de pombas e gaivotas

O Concello encarga a instalación dunha gaiola na contorna do Mercado para minimizar os exemplares de pombas e gaivotas

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e os técnicos da empresa Larus Control estiveron hoxe no tellado da Praza de Abastos rematando ca colocación dunha gaiola destinada ao control de pombas neste entorno, unha problemática que se controla ano a ano no Concello.
Con esta medida, procúranse minimizar as consecuencias da presenza da pomba nos arredores da praza e tratar de reducir o número de exemplares da especie na vila. A gaiola, que ten espazo para albergar a preto de 50 pombas, conta cunha trampiña de non retorno pola que se entran as aves. Dentro da gaiola, hai instalados un comedeiro con capacidade para 20 kilos de comida e un bebedeiro con 40 litros de auga, “o suficiente para unha semana”, explicou Juan José Fraga, administrador da empresa.
Con esa frecuencia é ca que os técnicos de Larus acuden para vaciar a gaiola, levando ás pombas ao centro de control da empresa. Alí, desparasítannas e evalúan o seu estado. Moitas están moi enfermas, polo que vense na obriga de eutanasialas. As que son capaces de rehabilitarse, sóltanse posteriormente en entornos naturais.
Larus Control leva xa tres anos realizando o control poboacional da pomba común no municipio, cuns resultados óptimos. Neste tempo, pasouse das 2.000 pombas censadas a apenas 350 na actualidade. “É dicir, que se reduciu a poboación en máis de 1.500 individuos de media”, concretan desde a empresa. Utilizando o mesmo tipo de gaiola que se instalou onte na contorna do Mercado, capturáronse no 2019 297 pombas, segundo os datos que manexa Larus Control.

Gaivota patiamarela
Segundo explicaron onte durante a rola de prensa o Concello e a empresa, a gran acollida entre a cidadanía que tivo este servizo motivou a súa renovación un ano máis, sendo o quinto ano consecutivo no que se controla poboacionalmente esta especie na vila.
A gaivota patiamarela causa moitas molestias e perxuizos en moitas vivendas de Marín, polo que son os propios veciños os que chaman a Larus Control para poder efectuar o control nas súas casas. “De feito, as chamadas van en aumento”, explica a empresa, demostrando a necesidade de renovar este servizo.
As cifras indican que a poboación de parellas reprodutoras rebaixouse, “sen dúbida pola falla de exemplares novos que colonicen as zonas de cría”, informan de Larus Control. Esta é a comparativa de datos por anos:

AÑO 2017 AÑO 2018 AÑO 2019
336 TEJADOS VISITADOS 313 TEJADOS VISITADOS 237 TEJADOS VISITADOS
173 NIDOS RETIRADOS 176 NIDOS RETIRADOS 144 NIDOS RETIRADOS
242 HUEVOS RETIRADOS 238 HUEVOS RETIRADOS 197 HUEVOS RETIRADOS
78 POLLOS RETIRADOS 50 POLLOS RETIRADOS 67 POLLOS RETIRADOS

Pola súa banda, o Concello tamén aplicou unha serie de medidas que permitiu mellorar as cifras de redución de ambas especies. Por un lado, a retirada de lixo do exterior do Mercado, suprimindo un importante punto de alimentación das gaivotas, e, por outro, a labor de aviso aos propietarios de edificios en mal estado con palomares incontrolados ca fin de que aplicasen as medidas oportunas.
Todos os métodos que se utilizan para o control poboacional tanto da gaivota como da pomba son ecolóxicos e incruentos e sempre que a empresa atende un aviso na vila conta cos permisos necesarios de Medio Ambiente para realizar as intervencións.

Como avisar
Todos os veciños que desexen que os seus tellados sexan inspeccionados, poden poñerse en contacto ca empresas Larus Control escribindo un correo electrónico a laruscontrol@hotmail.com ou chamando aos números 689 838 359 ou 654 831 848, en horario de 10.00 a 19.00 horas.

Anterior O Samaín Briz será o 31 de outubro e incorporará un obradoiro de cabazas e un espazo gastronómico

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados