Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Copa Galega Open de Waterpolo Feminina desputarase este sábado na vila marinense

O recibidor do Concello de Marín acolleu a presentación da Copa Galega “Open” Absoluta Feminina de Waterpolo. No acto, estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, o xefe do servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides; o sarxento Álvaro Hererra, en representación da Escola Naval Militar, e o presidente do Club de Waterpolo de Pontevedra, José Tellería.
A competición deportiva terá lugar este sábado, día 22 de febreiro, na piscina da ENM, e decidiuse que fora Open para que poidan participar clubes de fóra de Galicia, como o portugués Paredes Polo Aquático. No que respecta ás formacións galegas, participarán o CW Pabellón Ourense, o CW Santiago, o CW Pontevedra, que xogarán a fase precia de grupos por un posto final, e o RCN Vigo, que xogará a semifinal ante as portuguesas.
Concretamente, xogaranse dous partidos pola mañá de fase previa e pola tarde será a quenda de xogar as finais.
Tellería agradeceron á ENM a súa “xenerosidade, porque é un luxo poder utilizar esta instalación deportiva para o campionato” e asegurou que o club pontevedrés ten “un moi bo equipo, aínda que teñamos xogadoras noviñas” e adiantou que de cara a a curto medio prazo poidan ter un equipo feminino de waterpolo competindo a nivel nacional.
Pola súa banda, Gorka Gómez quixo destacar “o deporte feminino” e desexoulle moita sorte ao CW Pontevedra e agradeceu á alcaldesa a recepción no Concello deste evento. “É importante poñer en valor todo o traballo que se fai desde os clubs e o CW Pontevedra é un exemplo”, engadiu.
O secretario xeral para o Deporte declarou que “o waterpolo feminino español está transitando unha senda de éxitos que nos últimos anos nos permitiu ser medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres, ter un ouro mundial, entre outras cousas”, e engadiu que dos trece deportistas que teñen no Centro Deportivo de Tecnificación (onde entrena o CW Pontevedra), 10 son mulleres, “o que evidencia clarísimamente o potencial”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies