A piques de rematar as obras de creación dun novo acceso peonil ao Cemiterio da Raña e de mellora do muro

A piques de rematar as obras de creación dun novo acceso peonil ao Cemiterio da Raña e de mellora do muro

O Goberno local de Marín informou de que as obras para a creación dun novo acceso peonil ao Cemiterio da Raña e a mellora do muro que o colinda están a piques de rematar.

Estes traballos, que comezaron a executarse a finais de xullo pola empresa Viñas Blancas, teñen por obxecto crear un novo acceso para as persoas que acoden ao camposanto a través do exterior norte.

Antes da intervención, a veciñanza que acudía á Raña debía percorrer unha distancia de 170 metros cunha pendente do 13% nun camiño sen beirarrúas e cunha estrada de dobre sentido, o que podía producir situacións de perigo para os peóns. Deste xeito, o Concello quixo estudar cal era a mellor alternativa para ofrecer maior seguridade.

Dentro do proxecto, incluíuse o arranxo e a mellora do muro lateral, xa que se atopaba nunha situación deficiente e precisaba de mantemento. Neste momento, segundo fontes municipais, xa está a piques de rematar o enfoscado do muro e está previsto que a próxima semana xa se coloquen a porta e as barandas da escaleira.

Anterior O Concello reforma a instalación de produción de ACS na piscina municipal de A Raña

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados