O Concello reforma a instalación de produción de ACS na piscina municipal de A Raña

O Concello reforma a instalación de produción de ACS na piscina municipal de A Raña

O Concello de Marín levou a cabo a obra de reforma da instalación de produción de ACS na piscina municipal de A Raña, unha obra que foi incluída no Plan Concellos 2020, financiado pola Deputación de
Pontevedra.

Este proxecto foi executado pola empresa Axis Soluciones Integrales, por un importe total de 14.581,71 euros.

A instalación hidráulica que conecta os acumuladores de ACS estaba realizada en tubería de cobre, que se atopaba en moi mal estado e con tramos de illamento. O problema, ademais, radicaba en que a saída cara o consumo dispoñía dunha válvula de 3 vías motorizadas que non era capaz de manter a temperatura estable. Deste xeito, non se cumpría a normativa sanitaria de manter a auga quentepor riba dos 50ºC no punto máis alonxado.

Por outra banda, a aportación de auga fría para a produción de ACS non dispoñía de filtro que cumprise coa normativa en vigor e os vestiarios non contaban con pulsadores de regulación da temperatura.

Coa actuación. substituíse esa tubería de cobre e colocouse un novo filtro novo, que cumpre coa normativa vixente. Asemade, instaláronse dúas válvulas termostáticas de ACS por cada vestiario para a regulación da temperatura de confort. Con esta medida, conséguese circular a auga
pola instalación a 60ºC.

Con este proxecto, o Concello de Marín conseguíu mellorar as prestacións que se ofrecen na piscina municipal da Raña, unha infraestrutura deportiva imprescindible para a veciñanza que garante a práctica de deportes acuáticos.

Anterior Esta fin de semana aumentáronse os controis sobre o uso de máscaras

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados