A Rúa Estrada xa mostra a súa nova imaxe renovada

19 abril 2021

A Rúa Estrada xa loce o seu novo aspecto, despois de ser obxecto dunha obra de humanización financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e que supuxo unha inversión de case 360.000 euros, aportado un 70% pola Xunta e un 30% polo Goberno local.

Esta rúa, ubicada entre Méndez Núñez e Concepción Arenal, forma parte do centro neurálxico da vila marinense e precisaba dunha mellora no que ten que ver coa mobilidade urbana, xa que, ademais, conecta puntos importantísimos a nivel veciñal como a Casa Consistorial, a Policía Local, varios centros educativos e o Pargue Eguren.

Ademais do ancheamento das beirarrías, mellorouse a accesibilidade e o pavimento e, sobre odo, renováronse todos os sistemas de alumeado, abastecemento e saneamento, que son servizos fundamentais que supoñen unha parte importante da obra pero que é precsio renovar para ofrecelos na mellor calidade posible.

Por outra banda, a nivel ornamental, instaláronse unhas xardineiras nas que a día de hoxe locen as flores, aportando un acabado estéticamente mellor do que había antes.

A realización deste proxecto de humanización enmárcase no Plan Hurbe, un rograma posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2010 pafra axudar á posta en valor das vilas galegas, potenciando infraestruturas, servizos e equipamentos públicos de calidade.

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies