Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Xunta de Goberno local acorda solicitar unha subvención para incentivar actividades de promoción do patrimonio de Marín

A Xunta de Goberno local da pasada semana acordou solicitar unha subvención do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia, para dúas actividades culturais, unha de longo percorrido na vila marinense e outra que tamén supón unha importante cita para os apaixonados do patrimonio cultural.

Por unha banda, pedirase una contía de 7.082.29 euros (IVE incluído) ao abeiro deste programa para a celebración da edición do 2020 das Xornadas Blanco Freijeiro, a cita máis importante do ano na vila con respecto á arqueoloxía, á historia e ao patrimonio. Este ciclo de charlas estivo adicado este ano á historia da música, incluíndo unha visita guiada ao Pórtico da Gloria que desbordou as inscricións. Ademais, foi unha das actividades que o Concello presentou na feira Culturgal.

O resto do financiamento que se lle solicitará á Axencia Galega de Turismo, un total de 4.731,51 euros (IVE incluído), estará destinado ás Rutas Culturais de coñecemento do patrimonio cultural de Marín, unha serie de roteiros cos que coñecer as xoias patrimoniais do municipio e que supoñen un importante atractivo turístico da vila.

Finalmente, a Xunta de Goberno local tamén acordou pedir de novo a este ente autonómico unha aportación económica para o apoio, a promoción e a difusión de cara á edición deste ano da Festa de San Miguel e a súa Danza de Espadas, xa que se trata dunha Festa de Interese Turístico de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies