Briz acollerá unha carreira de orientación, a Nocturan

29 xuño 2021
A concellería de Deportes e Xuventude, que dirixe Antonio Traba, convida a toda a cidadanía a participar na Carreira de Orientación Nocturan, que terá lugar o vindeiro sábado 3 de xullo.

Esta Carreira de Orientación, discorrerá polo entorno da Finca de Briz e contará con tres categorías distintas, en función das características das persoas ou grupos inscritos. Coa axuda dun mapa, deberán visitar unha serie de puntos de control.

A inscrición débese facer online na web
www.xestanatureza.com/inscricions/marin2021

Haberá de prazo ata o vindeiro xoves 01/07 ás 22.00 h, e poderase facer de xeito individual ou en
grupo (equipos).
Existirán 3 categorías diferentes: Xestiñas (iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto); Xestas (adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica); e Xesteiras (categoría só pensada para persoas con altos coñecementos en orientación).
A proba dará comezo ás 22.00 horas en Briz e para cumprir os protocolos de seguridade fronte á COVID-19, facilitarase toda a información previa á carreira a calquera persoa que o desexe. Entre as principais destacan as saídas graduais por categorías (entre 2 e 5 minutos por grupo), distancia social obrigatoria, obrigatoriedade no uso da máscara antes e despois da actividade, uso de xeles hidroalcohólicos, non impresión de tempos en papel, avituallamentos líquidos individuais e hixienizados, etc.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies