Contacto | Tel.:986 88 03 00

Campamento de Verán 2019 – Actualizado (18/06/19)

RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTO DE PERNOCTA ILLA DE ONS

RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTO DE PERNOCTA RIBADEO

 

O Concello de Marín, en colaboración co área de Xuventude da Xunta Galicia e en réxime concertado, organiza o seu tradicional campamento de verán de pernocta para nenos e nenas nados en Marín, entre os anos 2011 e 2005.

Coma novidade, este ano, haberá dúas alternativas tanto en datas como en localización. Así:

  • Período: 2-11 de agosto. Lugar: Campamento de A Devesa (Ribadeo). Prazas: 25
  • Período: 11-18 de agosto. Lugar: Campamento Illa de Ons. Prazas: 25

O prazo de inscrición comeza o luns 10 de xuño e finalizará o venres 14 de xuño, non habendo adxudicación de praza por orde de chegada.

Solicitude das prazas:

  • Cada solicitante só poderá solicitar unha das dúas instalacións.
  • Haberá que cubrir o documento de solicitude que se pode atopar tanto nesta web (ao final desta nova) como físicamente no Rexistro do Concello.
  • A solicitude pódese presentar no Rexistro do Concello (horario de 9:00 a 14:00) ou a través da Sede Electrónica da web do Concello.

Adxudicación das prazas:

  • No caso de existir exceso de demanda nalgún dos dous campamentos, procederase a realizar un sorteo público o luns 17 de xuño, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Marín.
  • No caso de existir exceso de peticións nun dos campamentos, os solicitantes non agraciados no sorteo, terán preferencia para cubrir as prazas sobrantes no campamento non sorteado.
  • Para cubrir as prazas sobrantes, abrirase un novo proceso en datas a comunicar.

Formalización da praza:

  • Unha vez concedida a praza, abrirase un prazo de pago do prezo público de 90 euros.
  • Co pago do prezo público, presentar fotocopia do DNI do pai/nai/titor e do participante e a fotocopia da tarxeta sanitaria.

SOLICITUDE

SOLICITUDE ONLINE

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies