A Semana Estrela pon en marcha o verán comercial de Marín con máis de 25 Puntos Outlet
A Semana Estrela pon en marcha o verán comercial de Marín con máis de 25 Puntos Outlet

A Semana Estrela pon en marcha o verán comercial de Marín con máis de 25 Puntos Outlet

Marín prepárase para vivir a Semana Estrela: descontos, sorteos, torneos e moita animación para dinamizar o comercio local.

Marín, 26 de xuño de 2025

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín presentou esta mañá no Concello a campaña “A Semana Estrela”, unha iniciativa que encherá as rúas da vila de actividade comercial e lúdica do 30 de xuño ao 4 de xullo, coa participación de 27 establecementos locais convertidos en Puntos Outlet.

No acto, estiveron presentes a Concelleira de Turismo e Comercio Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do CCA Estrela de Marín D.Yonathan Carreira.

Durante esta semana especial, a clientela poderá beneficiarse de importantes descontos e participar no sorteo de 1.000 euros en tarxetas regalo, simplemente rexistrando os seus tickets de compra na web de Estrela de Marín entre o 30 de xuño e o 4 de xullo. O sorteo será presencial e celebrarase o venres 4 de xullo no Multiusos da Praza de Abastos ás 20h, coincidindo co peche da campaña.

A programación inclúe tamén accións novidosas pensadas para atraer ao público máis novo, como dous torneos de eSports, un de Mario Kart e outro de EA Sports FC 25, cuxos gañadores recibirán tarxetas de 100 € para gastar no comercio local, e participarán tamén no sorteo dunha PS5 entre todas as persoas rexistradas. Inscricións torneos.

Ademais, lanzarase o Escape Room Virtual “O Segredo da Semana Estrela”, unha divertida busca do tesouro polos Puntos Outlet, na que as persoas participantes deberán resolver pistas e retos nos comercios para descubrir un misterio final, aquela persoa que obteña maior puntuación, no menor tempo gañara unha tarxeta regalo de 100€ e todos os participantes, tamén poderán participar no sorteo da PS5. Inscrición busca de tesouros.

A xornada de clausura, o venres 4 de xullo, contará tamén cunha actividade de dinamización na rúa, xa que a charanga Jalácticos animará as rúas a partir das 19:00 horas, convidando á veciñanza a saír e gozar do comercio local. Esta acción é aportada polo Concello de Marín.

A campaña conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e enmárcase no compromiso do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín por ofrecer experiencias de compra atractivas e innovadoras, que reforcen a vitalidade do comercio local da nosa vila.

Anterior Aberto de novo o prazo para presentar ofertas para a xestión do quiosco de Portocelo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados