Capturadas 211 pombas e retirados 100 niños de gaivota patiamarela na campaña de control de aves do 2020

Capturadas 211 pombas e retirados 100 niños de gaivota patiamarela na campaña de control de aves do 2020

O Concello de Marín fixo público balance da campaña deste ano levada a cabo coa empresa Larus Control que permite controlar a poboación de aves no espazo urbano do noso municipio.

No presente ano de servizo do control poboacional de aves, preténdese continuar coas medidas de control das dúas especies que están a causar problemas en Marín, despois dos grandes resultados colleitados nas campañas realizadas en anos anteriores.

Tras os tres primeiros anos de control da pomba común, conseguiuse reducir a poboación en máis de 1.500 individuos de media, pasando dunha cifra cercana ás 2.000 pombas censadas no inicio do servizo a 300 no presente control.

O obxectivo, segundo explican fontes da empresa Larus Control, é manter esta tendencia durante este ano, evitando que volva medrar o número total de exemplares. Durante esta campaña, leváronse a cabo intervencións con gaiolas de captura en distintos puntos da vila, tanto no casco urbano como en zonas exteriores ao mesmo.

Concretamente, desde abril de 2020 capturáronse un total de 211 pombas en varios puntos da vila, como por exemplo a contorna da Rúa República Argentina ou no Mercado de Abastos.

No que respecta ao control poboacional da gaivota patiamarela, renovouse un ano máis debido á gran acollida que tivo entre os cidadáns, principalmente polas molestias e as incomodidades que se evitan nas vivendas.

Este servizo, que xa leva cinco anos funcionando, é gratuíto por parte do Concello, e a súa evolución pode avaliarse neste cadro:

Ademais deste servizo, o Concello tomou unha serie de medidas para facilitar a redución destas dúas especies. Por unha banda, a retirada de lixo do exterior do Mercado, con resultados óptimos ao suprimir un importante punto de alimentación das gaivotas. Por outro, a esixencia de información a propietarios de edificios en mal estado con palomares incontrolados, para que tomen as medidas oportunas.

Todos os métodos utilizados nos controis son ecolóxicos e incruentos e cóntase con todos os permisos medio ambientais requeridos para actuar sobre estas especies.

Todos os veciños que desexen unha inspección dos seus tellados, poden poñerse en contacto con Larus Control no correo laruscontrol@hotmail.com ou nos teléfonos 689 838 359 ou 654831848, en horario de 10.00 a 19.00 horas.

Anterior A Brea-Ameal xa conta cunha nova iluminación, que mellora a visibilidade e a seguridade viaria na zona

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados