Decoración na Finca de Briz e no Palco da Música para celebrar un Samaín, que este ano non poderá contar coa súa gran festa do terror

A situación sanitaria na que nos atopamos fai imposible a celebración de eventos e festas como a que nos últimos anos acollía a Finca de Briz polo Samaín. Unha festa que tiña unha enorme participación por parte da sociedade marinense e que supuxo unha aposta renovadora do Goberno local para poñer Marín no mapa das celebracións deste día tan máxico e cheo de tradicións.

Aínda que a festa como tal non se poderá celebrar, o Concello adiantou hoxe que, co fin de dotar a este día de certa ambientación e en colaboración coa Fundación Juan XXIII e coa Asociación Os da Caña, cos que xa se facía a festa nestes anos, decorarase a Finca e o Palco da Música da Alameda.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies