Dúas unidades familiares de Marín estrean o programa Convive.Comigo de axuda a adolescentes

24 maio 2021
O Programa CONVIVE.COMigo pon en marcha procesos de capacitación, valoración, formación e seguemento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial que lles obrigue a convivir con outra persoa, familia ou grupo educativa.

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación Arela e a Xunta de Galicia, está tamén activa e dispoñible en Marín desde o mes de febreiro e segundo explicou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, “xa son dúas unidades familiares as que se interesaron en formar parte do programa”.

Tal e como lle trasladou o persoal técnico da asociación a Sanmartín, foron tamén varias as familias a maiores que se interesaron polo funcionamento do proxecto en Marín, polo que a concelleira agradeceu “a xenerosidade e solidariedade da nosa veciñanza, que sempre participa activamente neste tipo de iniciativas de inserción, fundamentais para construir unha sociedade mellor”.

E é que as familias que acollen a estes adolescentes créanlles un ambiente socializador e positivo que lles axudará a modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial, e polo tanto, reducinod as posibilidades de que reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.

Arela ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40 euros diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.

Dende a Páxina web de Arela (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este
programa, así como dende o seu teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do
correo electrónico convive@arela.org

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies