Esta fin de semana aumentáronse os controis sobre o uso de máscaras

A Policía Local de Marín aumentou durante a fin de semana o control sobre o uso de máscaras en diferentes zonas da vila.

Estes controis realizáronse en zonas onde son habituais a concentración de mozos e mozas, coma, por exemplo, o Paseo Alcalde Blanco ou o Parque Azul, co resultado de 14 denuncias por non levar en todo momento a máscara.

O uso das máscaras é fundamental, dentro dun contexto de crise sanitaria coma é o que estamos a vivir, para tentar de frear os contaxios da Covid19, sendo fundamental a responsabilidade da veciñanza.

Dende o Concello de Marín apélase á veciñanza a seguir as recomendacións sanitarias, coma o propio uso de máscaras, o distanciamento social ou o lavado e desinfección de mans frecuente.

Recórdase que o uso de máscara é obrigatorio en todo momento en espazos públicos e que é  motivo de sanción o non levala posta en todo momento, ou mesmo o seu uso de maneira incorrecta.

Despois destes controis durante a última fin de semana, a Policía Local informou que nos vindeiros días realizarán, noutros espazos de concentración xuvenil, novas actuacións con respecto ao uso de máscaras por parte da poboación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies