O certificado de Cidadán en soporte software é o certificado expedido por Camerfirma a través do Concello de Marín en conformidade ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este certificado é un documento dixital que contén os seus datos identificativos. Permitiralle identificarse na internet e intercambiar información con outras persoas e organismos coa garantía de que só Vde. e o seu interlocutor poden acceder a ela.
Quen pode obter un Certificado Dixital de Cidadán
Calquera cidadán español ou estranxeiro, maior de idade ou menor emancipado que estea en posesión de se DNI ou NIE e empadroado en Marín, ou con vinculación laboral a Marín.
Como podo obter o certificado:
• Realizar a solicitude desde o seu navegador ao seguinte URL:
• Unha vez enviada a solicitude, recibirá un correo electrónico facilitando unha ligazón de confirmación da súa petición e un código de descarga que deberá gardar.
• Recibida a petición polo Concello de Marín, poñerémonos en contacto ao teléfono indicado na solicitude para concretar cita para que compareza provisto do seu DNI.
• Unha vez validada polo Concello a súa solicitude, chegaralle un correo cun link de descarga onde deberá introducir a clave enviada no correo de confirmación de solicitude.
• Realizada a descarga enviáseselle correo co pin de instalación do certificado.