Contacto | Tel.:986 88 03 00

O CIM atendeu 224 consultas telemáticas durante o Estado de Alarma

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Marín continuou funcionando ao cen por cen desde o primeiro momento que se decretou o Estado de Alarma, dado que está considerado polo Concello como un servizo esencial, que seguir desempeñando o seu labor, adaptándose ás novas condicións de traballo establecidas polo coronavirus.

Segundo informou  o Concello, durante todo o mes de marzo e até o momento, as profesionais atenderon un total de 224 consultas relacionadas coa xestión de recursos económicos, o dereito de familia e a atención psicolóxica.

Por outra banda, foi necesaria a actuación coordinada co Centro de Saúde, a Policía Nacional e os Xulgados en relacións a tres casos novos de violencia de xénero que tiveron lugar durante a pandemia. O Goberno local quere mostrar a súa absoluta repulsa e condena á lacra machista, que non entende de crises.

 

Novo teléfono de contacto

Co obxectivo de proporcionar un maior número de recursos ás mulleres que fagan uso dos servizos do CIM e proporcionar unha atención máis rápida nos casos de violencia de xénero, abriuse unha nova  liña de telefonía móbil con whatsapp, que pode ser usada por calquera que o necesite comunicarse co CIM. O número é 671497112.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies