O Concello de Marín da a coñecer os protocolos de uso dos locais municipais

O Concello de Marín da a coñecer os protocolos de uso dos locais municipais

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/08/Final_Protocolo-uso-locales-municipales.pdf” size=”large” color=”blue”]Protocolo uso locais municipais[/button]

 

Despois de presentar a semana pasada os protocolos sanitarios ás entidades deportivas nas diferentes instalacións municipais, esta semana danse a coñecer as norma de uso e protocolos nos diferentes locais propiedade do Concello onde desenvolven as asociacións de Marín a súa actividade cultural, tendo por obxectivo optimizar  estes espazos e garantindo a saúde dos usuarios do mesmos.

O documento afecta aos seguintes locais: Parque Azul de Cantodarea, a antiga aula de música, os salóns da Finca de Briz, local social da Cañota, antiga Cámara Agraria, Casa de Cultura de Seixo, Casa de Cultura de Mogor e os salóns de Méndez Núñez.

O Goberno local busca, coa redacción destas normas, ao igual que sucede coas correspondentes ás instalacións deportivas, establecer unha serie de normas e de obrigacións para que as asociacións poidan manter a súa actividade, pero sempre enmarcada nas esixencias que conleva o estado de nova normalidade no que nos atopamos, derivado da crise sanitaria da Covid19.

Deste xeito, o Concello apela á responsabilidade tanto individual como colectiva daqueles que farán uso dos locais, de xeito que, de maneira paralela ás actuacións que propiamente desenvolverá o Concello, se preseve, entre todos e todas, a seguridade nestes espazos tan demandados polos colectivos culturais.

Entre as normas básicas que se adoptan, destaca a obrigatoriedade de solicitar o uso da instalación antes do próximo 15 de setembro, indicando o número de horas e días de utilización do local, detallando o número de asistentes que participarán nas actividades, quedando prohibida a entrada aos locais antes de dita data.

O uso de máscara é obrigatorio en todo momento e o aforo de cada local quedará limitado en función do seu tamaño, de maneira que sexa posible manter a distancia de seguridade entre os usuarios, tendo en conta a limitación do 75%.

Dentro dos propios locais, o mobiliario a utilizar deberá ser o imprescindible, limitándose a mesas e cadeiras, retirándose todo o resto de materiais decorativos, a non ser que conste autorización por escrito para a súa utilización.

Debido ás dificultades de limpeza e desinfección dos locais non se poderá acceder fóra dos horarios establecidos e independentemente da limpeza que se realizará por parte do Concello, cada asociación terá que desinfectar os elementos, como cadeiras e mesas que utilice durante o desenvolvemento da súa actividade, ademais de limitar o uso de aseos a un de homes e outro de mulleres por local.

Cada asociación interesada no uso dalgún destes locais, deberá remitir, antes do inicio da actividade, á dirección de correo electrónico: itziar.alvarez@concellodemarin.es, o listado de usuarios que accederán á instalación, ademais da programación antes mencionada.

Estas normas están suxeitas ás pautas que marquen as autoridades sanitarias así coma a propia evolución da pandemia. Poden consultarse de xeito íntegro na web do Concello.

Anterior Dezasete empresas optan á execución das obras de humanización da Rúa Camiño Vello de Seixo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados