Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello reúnese con representantes da hostalaría e mostra o seu apoio ao sector

A alcaldesa de Marín, María Ramallo e os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín recibiron no Concello a representantes do sector da hostalaría procedentes de Marín, Pontevedra e outras localidades, para tratar con eles a complexa situación que atravesa neste momento este sector, moi afectado polas necesarias medidas de restrición impostas para frear o avance da pandemia na nosa comunidade autónoma.

Ramallo e os concelleiros aplauden que este sector consiga este movemento asociacionista e animaron aos representantes a aglutinar ao maior número de hosteleiros posible “de cara a ter sempre un interlocutor para poder levar a cabo máis accións de dinamización e poder axudar ao sector naquelo que reclamen”.

Os representantes da hostalaría agradeceron ao Concello que se tomasen todas as medidas aplicadas ata o momento sin que nin sequera tiveran que solicitalo. Estas medidas concrétanse na bonificación durante o trimestre que durou o confinamento do imposto do lixo, a reactivación desta bonificación no momento no que se coñeceu o novo peche e que se prolongará todo o tempo que teñan que estar sen abrir ao público e a exención do imposto de terrazas durante todo o ano 2020 e 2021.

Ademais, estanse realizando importantes accións de visibilización a través da plataforma dixital da economía local Marín en Rede. “Ademais, tal e como lles trasladamos, pedímoslles que nos fagan todas as propostas que consideren”, asegurou a alcaldesa, que xa adiantou que “poden contar con nós paramediar co resto de administracións para tratar de facer chegar as reivindicacións que teno sector”.

Na reunión, ambas partes quixeron facer tamén un chamamento á cidadanía para que as medidas se cumpran de xeito estrito. “Todos somos conscientes de que as cifras sanitarias non son boas, por iso é imprescindible cumprir para que as medidas poidan ser rebaixadas. É fundamental que a xente cumpra”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies