O Concello tala a secuoia da Alameda tras detectar o seu mal estado e o perigo que supoña para os viandantes

05 febreiro 2021

O Concello de Marín levou a cabo a tala do exemplar de Sequoia sempervivens que, despois de ser estudada por técnicos de diversas entidades e cos informes derivados desa análise, presentaba un importante estado de deterioro, unha parte do seu sistema radical morto, que comprometía a súa estabilidade e, por tanto, supoñía un perigo para viandantes e as infraestruturas que hai ao seu redor.

De feito, os temporais dos últimos días incrementaban este risco e por iso, despois de que os técnicos avalasen a tala do exemplar como “a opción máis coherente coa situación fitosanitaria”, o Concello encargou estes traballos, que se executaron na mañá de hoxe.

A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, explica que foi unha decisión “sopesada e tomada segundo os criterios técnicos”. Durante o proceso de tala, ademais, evidenciouse que máis do 30% do interior do tronco non tiña savia, polo que a situación do exemplar estaba moi comprometida.

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies