O Concello tramita a denuncia contra o okupa que realizou un empalme ilegal ao subministro de luz en Concepción Arenal, estragando parte da instalación

31 marzo 2021

O Concello de Marín vén de formular unha denuncia formal contra o okupa de Concepción Arenal que realizou un empalme ilegal á instalación eléctrica municipal, causando un cortocircuíto que deixou sen servizo a parte da zona.

Tal e como se pode ler na parte expositiva, o 15 de marzo de 2021 a brigada municipal de Electricidade realizou os traballos precisos para localizar a avaría que orixinaba a interrupción no subministro eléctrico do alumeado público e comprobaron a existencia dunha conexión irregular á rede municipal que se estaba a realizar desde o balcón dun primeiro piso nun edificio de Concepción Arenal.

Esta conexión causou danos en 11 luminarias que dan servizo ás rúas da contorna e a un proxector de iluminación na intersección das rúas C. Arenal e Carballiño. Como se pode ler na denuncia, non se puido completar o arranxo da instalación ata o luns, 22 de marzo, quedando as rúas afectadas durante todo ese tempo.

O 25 de marzo o denunciado volveu realizar esa conexión irregular, quedando, de novo, sen alumeado parte de Concepción Arenal e as rúas Vidal Pazos e Tombo. Esta situación, ademais de supor un perigo para o denunciado que realiza a instalación e para a propia rede municipal, tamén xera unha situación perigosa á veciñanza que se ve afectada polas avarías.

Por esta circunstancia, desde o Concello vense na obriga de formalizar esta denuncia e evitar que de novo o denunciado proceda a reconectar de xeito ilegal un empalme á instalación municipal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies