Gago de Mendoza, o mellor compañeiro para fomentar a lectura infantil durante a Semana Santa

Gago de Mendoza, o mellor compañeiro para fomentar a lectura infantil durante a Semana Santa

30 marzo 2021

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, animou a todas as familias a aproveitar a celebración do Día da Liberación para dar a coñecer aos máis pequenos da familia a historia de Gago de Mendoza.

O corsario marinense é, ademais, o protagonista das viñetas cheas de aventuras que decoran a sala infantil da Biblioteca marinense. Por iso, a concelleira anima a visitar este espazo, ver as viñetas, fantasear cos máis pequenos e animalos a coller un libro para que poidan gozar da literatura durante as vacacións de Semana Santa.

O horario de atención ao público da Biblioteca é de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

 

Anterior O Concello adxudica a obra de renovación do céspede do campo de fútbol de San Pedro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados