O control de pombas e gaivotas retomáse en maio, aínda que xa se poden facer as solicitudes de inspección de tellados

20 abril 2021

O Concello de Marín informa de que xa se pode volver solicitar o servizo para o control poboaciónal de pombas e gaivotas, un servizo que se realiza con Larus Control e que é incruento cos animais e que está a dar moi bos resultados nas últimas campañas que se tivo activo.

Tras os primeiros anos de control poboación da pomba común, acadáronse resultados óptimos, reducindo a poboación en máis de 1.500 individuos de media, pasando dunha cifra cercana ás 2.000 pombas establecidas no entorno urbano ao inicio do servizo a 400 durante o 2020.

Tal e como explica a empresa, “no 2021 pretendemos manter e reducir as colonias de pombas a uns números asumibles”. Xa durante o que se leva traballando na tempada, colocáronse gaiolas de captura en diferentes puntos da vila, anto no casco urbano como nas zonas exteriores ao mesmo, con bos resultados.

Desde o mes de abril de 2020, capturáronse un total de 408 pombas en varios puntos da cidade, como a contorna da Rúa República Arxentina, na Praza de Abastos… “Nos últimos meses, atendéronse reclamacións por parte de propietarios privados en relación á presenza de pombas nos seus edificios, que foron asesorados”, explican desde Larus Control

Gaivota patiamarela

 O servizo de control poboacional de gaivota patiamarela renovouse tamén debido á gran acollida que tivo entre os cidadáns, principalmente polas molestias e os perxuízos que se evitan nas vivendas ao facer uso do servizo gratuíto que o Concello de Marín lles facilita.

Esta boa acollida vese reflexada nas chamadas recibidas, que van en aumento nas sucesivas campañas. Este é o resumo das cifras de actuación en comparación con outros anos:

Desde a empresa lembran que todos os métodos utilizados dentro dos controis son ecolóxicos e incruentos e que en todo momento cóntase cos permisos de Medio Ambiente para a intervención destas especies.

Todos os veciños que desexen que se lles inspeccionen os tellados poden poñerse en contacto coa empresa a través de laruscontrol@hotmail.com ou no teléfono 654831848 en horario de 10.00 a 19.00 horas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies