O EEIA de Marín acollerá unha charla online sobre seguridade alimentaria en pequenos negocios

09 marzo 2021

O Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria de Marín lanza un novo curso de formación online, a través da plataforma Zoom, desta vez dirixido ao sector da hostalaría e da alimentación.

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE), organizadora do evento, explica que se trata dunha formación online gratuíta que forma parte da súa oferta de cursos e charlas que se están a levar a cabo desde este novo espazo de emprendemento en Marín, que procura ser un faro de axuda e de potenciación da economía local da vila.

A charla terá lugar o día 11 de 16.30 a 17.30 horas e estará impartida por Elena González, unha das emprendedoras que ocupa un dos despachos dispoñibles no EEIA e leva por título “Xestión da seguridade alimentaria nos novos negocios”.

Elena é bióloga e está especializada en seguridade alimentaria. “Traballo con pequenos negocios de alimentación, axudándolles a producir, servir e vender alimentos seguros”, explica e incide en que na charla falarase de “que pode facer un establecemento deste tipo para controlar todos os perigos relacionados cos alimentos e garantir que os seus produtos non causarán ningún tipo de dano aos consumidores”.

Desde AJE explican que os potenciais interesados nesta charla poden ser “membros de escolas de hostalaría, asociacións de pequenos comercios de alimentación, pastelarías, panaderías, pequenas industrias artesás e asociacións de hostaleiros”.

Para participar da charla será preciso inscribirse a través do seguinte enlace:

https://zoom.us/meeting/register/tJ0lceuqrzouGtVqShA7pQ2z9ZgfPhnXb1H0

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies