O Museo Torres realizará un inventario exhaustivo de todos os seus "tesouros" arqueolóxicos

O Museo Torres realizará un inventario exhaustivo de todos os seus "tesouros" arqueolóxicos

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, anunciou que o Concello está a levar a cabo un traballo de inventariado e reorganización dos materiais arqueolóxicos existentes no almacén do Museo Manuel Torres, “e que forman parte do noso patrimonio e, polo tanto, da nosa historia”.
O obxectivo deste nova catalogación é o de coñecer exactamente a procedencia do que se ten depositado no almacén, para así ordenalo dun xeito organizado para mellorar a súa conservación e facilitar unha eventual consulta por parte de investigadores ou estudosos da materia.
A empresa Anta da Moura, que será a responsable de levar a cabo este novo inventario, realizou xa unha primeira visita ao almacén, “que lles serviu para recabar datos do que alí temos, chegando a identificar cerca de 400 pezas, que se clasificaron segundo a súa categoría ou tipoloxía”, explica a concelleira.

De xeito concreto, identificáronse:
• 280 fragmentos cerámicos (de distintas adscricións crono-culturais: romana, castrexa e moderna)
• 66 líticos, habendo pezas grandes (ara romana, fragmentos de muíños romanos, fragmentos de cruceiros…) e outros de sílex e cantos tallados
• 17 fragmentos de metais e unhas 5 escouras
• En torno a 5 fragmentos orgánicos (cunchas e ósos)
Agora, o proceso consistirá en trasladar gran parte desas pezas ás instalacións da empresa para poder tratalas, dándolle un lavado-limpeza, e dotalas da súa propia ficha, fotografiándoas e realizando embalaxes no caso das máis pequenas. No que respecta ás grandes, quedarían no almacén á vista, pero debidamente ordenadas e clasificadas.

Unha futura sala adicada á riqueza arqueolóxica do Castro da Subidá
Esta liña de recuperación do patrimonio arqueolóxico da vila entronca coa intención do Concello de dotar ao Museo Torres dunha futura exposición máis ou menos permanente para que a veciñanza poida coñecer os restos derivados das excavacións realizadas no Castro da Subidá.
“O obxectivo é unir cultura e arqueoloxía, creando unha rede entre os distintos puntos de atracción cultural en Marín”, tal e como explicou o arqueólogo Juan Castro, responsable no seu día destas excavacións, que avanzou nunha reunión mantida este verán coa concelleiras Rodríguez e Álvarez que xa se están a facer as tramitacións pertinentes co Museo de Pontevedra, institución depositaria destas pezas, e coa Xunta de Galicia.
Segundo informaron naquel encontro as edís, incluso no futuro pode avaliarse a posibilidade de expoñer pezas doutros xacementos, para facer desta sala un espazo de divulgación e de achegamento ao mundo dos nosos antepasados.

Anterior Bases do Concurso de Decoración de Mascarillas de Entroido

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados