Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Nadal en Marín terá de novo como protagonistas ao carrusel e ao tren

As concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña reuníronse esta mañá con Yonathan Carreira, xerente da asociación de comerciantes Estrela de Marín para comezar a deseñar as actividades que se levarán a cabo polo Nadal.

Carreira informou ás representantes do Goberno municipal da intención da asociación de volver colocar na Alameda un carrusel, despois do éxito que tivo nestes últimos anos. Pola súa banda, o Concello habilitará de novo o tren de Nadal, que fará pequenos percorridos polo centro da vila e do que poderán gozar os alumnos dos centros educativos durante o mes de decembro.

Asemade, Goberno local e asociación coordinarán conxuntamente a recepción de Papá Noel, que terá lugar na Alameda, e a súa visita aos colexios da vila, tal e como se leva facendo nos últimos tempos.

De cara ao resto de actividades de Nadal, o Concello está en plena organización para poder ofrecer unhas festas nas que todas as idades conten con entretemento e actividades, especialmente os máis pequenos da casa, que son os que máis gozan destas festas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies