Batería de medidas de acondicionamento dos cemiterios de cara ao Día de Defuntos

Batería de medidas de acondicionamento dos cemiterios de cara ao Día de Defuntos

O Concello de Marín leva varias semanas preparando os cemiterios municipais para que estean a punto de cara á celebración do Día de Defuntos, unha xornada na que se da unha grande afluencia aos camposantos.
As brigadas municipais de xardinaría están acondicionando todas as zonas verdes e os bancais floreados dos cemiterios e se realizaron as labores de mantemento pertinentes naqueles lugares nos que foi necesario.
A estas actuacións públicas, súmanse as tarefas de acondicionamento dos particulares. Segundo indica o bando municipal, os propietarios deben realizar unha limpeza dos terreos, sepulturas e nichos e un pintado dos panteóns que non se atopen nas debidas condicións estéticas e de harmonización co resto do entorno. Antes de iniciar os traballos, deberán poñer en coñecemento do persoal encargado do cemiterio as actuacións que se pretenden levar a cabo.
Con respecto aos accesos, o Concello formigonou o camiño que da acceso ao Cemiterio de A Raña desde a rúa Ezequiel Massoni. Por outra banda, ten previsto habilitar unha finca municipal anexa a este camposanto como un aparcadoiro provisional para reforzar o servizo de estacionamento durante eses días.

Horario e normas de conduta
A visita aos camposantos poderá realizarse durante o horario de apertura habitual, que no caso dos días 31 e 1 será ampliado de 08.00 a 20.00 horas.
Segundo informa o Concello no bando, dentro de todos os camposantos municipais os usuarios e visitantes deberán manter en todo momento o respecto aos demais usuarios, mantendo unha actitude correcta.

Anterior Limpeza de canlóns en varias instalacións municipais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados