Limpeza de canlóns en varias instalacións municipais

Limpeza de canlóns en varias instalacións municipais

Os traballos de mantemento e de acondicionamento dos edificios públicos continúan na vila, co obxectivo de preparar as instalacións cara a época de chuvias intensas do ano.
Estes días, estanse a levar a cabo limpezas de canlóns na Praza de Abastos e en todos os centros educativos de Infantil e Primaria, incluídas as garderías de Galiña Azul.
Por outra banda, o Concello informa de que as obras de construción no patio norte do Mercado de dous novos aseos están evolucionando a bo ritmo. Trátase dunha demanda moi repetida polos praceiros e clientes que día a día ateigan o Mercado, centro neurálxico do comercio de proximidade na vila.
Na realización do proxecto, estase aproveitando o cerramento existente e logo pecharase parcialmente un dos arcos para crear un espazo delimitado e dividido simetricamente, obtendo así a localización dun aseo feminino e outro masculino.

Anterior Marín acolle a xornada de presentación e seguemento do Pacto do Alcaldes Polo Clima e a Enerxía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados