O Pleno da Corporación aproba inicialmente os Presupostos Orzamentos municipais incrementando todas as partidas sociais

O concelleiro de facenda Manuel Santos presentou ao pleno da Corporación pedindo o apoio ao documento de Presupostos para este ano.

Explicou que se contén toda a documentación obrigatoria e os seus anexos para poder ser aprobados.
Previamente estiveron precedidas de 3 reunións coa mesa de negociación onde se chegaron a varios puntos de acordo.

Conteñen os informes favorables de intervención, informe de cumprimento do obxetivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de deuda e un terceiro informe para a aprobación do límite de gasto non financieiro.

En conxunto o orzamento que se presenta, ascende a cantidade de 13.529.069,20€ o que supón un incremento do 0,55% en relación cos 13.454.474,25 € do último orzamento aprobado. Polo tanto o orzamento se incrementa en aproximadamente 75.000.-€.

Apoio a entidades deportivas, culturais e sociais.-

As transferencias correntes ascende o importe a 263.278,60 €, o que supón case o 2% do orzamento, e van destinadas en liña cos anos anteriores, a diferentes subvencións tanto a clubes deportivos por un importe de 102.000.-.-€, a unhas subvenións nominativas a entidades sociais, culturais e comerciais en liña con anos anteriores.
Veñen reflectidas varias aportacións a convenios con outras administración como ao Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar en relación as nosas escolas Infantís da Galiña Azul.

Con cargo ao Remanente de tesourería positivo se levarán a cabo os proxectos e as obras que xa foron aprobados en Pleno e que están agora mesmo en tramitación.

 Pavimentación da Praza Pública de Cantodarea ( Ponteporto ), que asciende a 237,183 . Adxudicadas.

 Reforma da Casa do Mar donde aportamos 100.000.-€ para reconvertila en Centro de Día, que se completará coa aportación de otros 200.000.-€ a través do convenio co Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e de Benestar da Xunta de Galicia. Adxudicadas.

E os outros proxectos que están en trámite de licitación nos referimos a:

 Colector de augas residuais entre os núcleos de Pastoriza e Picotes, por un importe de case 200.000.-€.

 Rede de abastecemento no núcleo de Bexe, con un importe de 161.962.-€.

 Demolición do edificio do mercado e acondicionamento do solar na rúa Concepción Arenal en Cantodarea, cun importe de 138.230€.

 Adaptación da planta baixa e semisoto do Liceo Casino. cuio importe de execución ascende a 376.965.-€, para destinalo a actividas de ocio xuvenil e a arquivo municipal.

6 proxectos con fondos propios do concello con cargo aos remanentes de tesorería, por 1.215.000.-€.

A todas estas inversión se suman os proxectos que se están executando coas aportacións e subvencións tanto da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Pontevedra e os Fondos Dusi.

Levarase a aprobación o proxecto do Centro Socio-Cultural por importe de máis de 4.300.000.-€, donde aprobaráse un préstamo financieiro por un importe cercano aos 900.000.-€ para poder asumir a aportación municipal, que se completaría con Fondos europeos, e coa aportación de 2 millóns de euros de acordo co convenio firmado coa Xunta de Galicia.

Manuel Santos reiterou que é un orzamento para intentar mellorar a nosa cidade en todos os aspectos, tratando de prestar maiores y mellores servicios, cunha mellor xestión e optimizando os recursos dos que dispoñemos e conxelando un ano máis as tasas e impostos municipais.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies