As praias de Marín, bandeira azul grazas a un traballo constante

As praias de Marín, bandeira azul grazas a un traballo constante

As praias de Marín renovaron as súas Bandeiras Azuis, acreditando o importante labor medio ambiental que se realiza nelas, así como o importante esforzo inversor que, ano tras ano, se impulsa desde o Goberno local para mantelas no mellor estado posible.

Cada ano, a Adeac (encargada de asignar as Bandeiras Azuis) realiza unha auditoría para comprobar que efectivamente se segue cumprindo con todos os requisitos esixibles para que siga ondeando o pano azul sobre os areais. E, de novo, según informou o Goberno local, “Marín aproba con nota” este exame.

“Tomámonos moi en serio todas as recomendacións da Adeac”, explican desde o Goberno local, xa que serven para actualizar cuestións relacionadas coa sostibilidade e a información pública que redundan nunha mellora, ano a ano, dos servizos que se prestan na xoia natural da vila.

Entre outras cousas, o Concello levou a cabo labores de actualización de cartelaría, así como de revisión e renovación de materiais para o persoal de socorrismo.

No que respecta á colocación de papeleiras, medida que se tomou derivada da situación sanitaria da pandemia, finalmente non se volverán colocar, xa que foi distinguida pola Adeac coma unha boa práctica, intensificando á súa vez a reciclaxe nas entradas e saídas.

Anterior Marín afiánzase coma un destino turístico de calidade, cun 80% de novos visitantes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados