O recén restaurado cadro pintado por Torres durante a pandemia de 1918 xa se pode ver no Museo

O Museo Torres xa conta no seu haber co cadro pintado polo gran artista marinense durante a pandemia da gripe de 1918. A restauración desta reprodución da obra de Murillo, “Los niños comiendo pasteles”, foi presentada hoxe nun acto no que estivo presente a alcaldesa, María Ramallo; a concelleira Itziar Álvarez, o pintor Antón Sobral, colaborador na programación do Ano Torres, e a restauradora encargada de realizar os traballos sobre esta pintura, Eva Fontoira.

A alcaldesa asegurou que se trata dun traballo “excepcional” e quixo recordar que o Ano Torres, previsto con multitude de actividades, terá que rematar cunha axenda aínda pendente, que se irá desenvolvendo ao longo do próximo ano.

Este cadro presentado esta mañá no Museo foi protagonista dunha das pílulas culturais subidas ás redes sociais durante o confinamento baixo o cancelo #AculturaSegue en Marín.

Pola súa banda, a restauradora indicou que o cadro debeu estar, polas marcas que se lle revelaron durante o traballo de restauración, envolto durante un tempo sobre si mesmo. “·Despois, alguén con bo criterio o estirou sobre unha superficie plana, o que permitiu que se conservase mellor”. Tamén foi necesario facer un tratamento a nivel cromático pola afectación dos barnices e pola falta dalgúns extractos por rozaduras.

 

A historia do cadro

A epidemia de gripe de 1918 foi unha pandemia global que tamén afectou á vila de Marín. Debido a esta crise sanitaria, a vida académica quedou paralizada. Así que o noso pintor Manuel Torres, que era docente tivo que tomar unhas vacacións forzosas durante as que tivo que adicar máis tempo á pintura.

José Trasande, director do Colexio San Luíz Gonzaga e capelán do Inmaculada Concepción, animou a Torres nesta tarefa, proporcionándolle todo o material que necesitaba: un cabalete, lenzo, pinturas… Tamén Sor Dolores Mosquera, da Inmaculada, permitiulle facer uso dos materiais que alí había, facilitándolle estampas para copiar.

 

Unha delas foi “Los niños comiendo pasteles”, de Murillo, un óleo sobre lenzo de 1917.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies