Os cemiterios municipais prepáranse para a celebración do Día de Todos os Santos

25 outubro 2021

 A pronta chegada do Día de Todos os Santos obriga á nosa vila a preparar os cemiterios municipais, para que estean en bo estado de cara á gran cantidade de persoas que esta fin de semana acuden a depositar flores e pregar polos seus seres queridos.

Por iso, tal e como é habitual, o Concello de Marín publicou un bando co obxectivo de sinalar as pautas de comportamento que se deben cumprir e respectar por parte de todos e todas, e que pode consultarse íntegro aquí: https://cutt.ly/bRU2as2

Os propietarios dos panteóns deberán limpar os terreos, sepulturas e nichos dos mesmos e proceder ao pintado daqueles que o precisen para cumprir coas condicións estéticas e de harmonización co resto de panteóns. É preciso, antes de levar a cabo a actuación, avisar ao persoal do camposanto.

As actuacións que non precisan autorización previa (ao actuar sobre bens inmobles protexidos) son as da limpeza e retirada do po ou do lixo, sempre que non se requira de medios auxiliares que poidan comprometer a integridade do soporte. Sen embargo, estarán prohibidos os chorreos de area sobre a pedra vista e no caso dos chorreos de auga a presión, será preciso solicitar autorización á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No que respecta aos horarios, os días 31 e 1 ampliarase de 08.00 a 20.00 horas. Dentro dos cemiterios municipais, deberase manter en todo momento o respecto axeitado aos demáis usuarios e visitantes.

Por outra banda, o dispositivo de seguridade e control de acceso xa será o similar ao de outros anos, habida conta que non rexen apenas restricións específicas para este día en materia sanitaria, ademais das comúns ao resto de situacións, como o uso da máscara cando é preciso ou o mantemento da distancia interpersoal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies