Propulsa chega a Marín con dous espectáculos de danza imperdibles

Propulsa chega a Marín con dous espectáculos de danza imperdibles

23 agosto 2021
A Alameda de Marín encherase de danza esta fin de semana da man de Propulsa
Danza + Paisaxe + Patrimonio. Trátase dunha programación do Xacobeo
2021-2022 xestionada pola Xunta de Galicia, a través da Agadic, na cal a danza e as
artes de movemento están enmarcadas en entornos de gran valor paisaxístico e
patrimonial de Galicia.
A cita, presentada esta mañá pola concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, será
na Alameda o venres 27 de agosto ás 20.00 horas e contará con todas as medidas
de prevención e control da Covid19.
Os espectáculos que Propulsa traerá a Marín serán de dúas compañías, a de Fran
Martínez e a de Fran Sieira, que interpretarán “O temperamento” e “Coreografías
dun DeMente”, respectivamente.
Sinopses
“O temperamento”
Afastarse, e quedar durmido. Pracidamente. Abandonado. Conmovido. E
transitar aqueles territorios que descansan, que se extenden, aparecen e xa
desapareceron; que se abalan, estoupan, salpican, que se crispan, que se
elevan. A temperatura de tantas paisaxes. O seu temperamento e mailo meu.
Para calibrar, unha vez máis, a cantidade de dor e plenitude; canto de cada
cabe nunha man e noutra. Que pesa máis. E como non teño nada que perder,
pérdome. Porque só quen se entrega resucita.
“Coreografías dun DeMente”
En “DeMente” plasmaremos unha realidade, un estigma, unhas patoloxías
que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou
sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. A reclusión
prácticamente carceraria das persoas “dementes” noutros tempos pasados.
Os amoreamentos de persoas enfermas. As contencións mecánicas
totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros
medicamentos), os suicidios. A explotación da enferma.
Plasmaremos, deste xeito, en escena a evolución dos tratamento ás persoas
que padecen trastornos mentais, dende os amoreamentos prácticamente
carcerarios ata a externalización dos nosos días.

Anterior As obras de mellora do Paseo alcalde Blanco seguen o seu curso

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados