Contacto | Tel.:986 88 03 00

Proxecto Agora Tecnoloxia na aula CEMIT.

A aula CeMIT do Concello de Marín colabora co proxecto Ágora Tecnoloxía organizado por Fegaus en colaboración coa Fundación Vodafone España, cuxo obxectivo é achegar ao colectivo Sénior, máis de 45 anos, o uso das novas tecnoloxías, en concreto as distintas aplicacións de dispositivos móbiles para un envellecemento activo.

Dende esta aula poderase acceder ás diferentes conferencias online a través dunha plataforma de comunicación. As temáticas e horarios de cada charla serán:

  • Martes 23 de febreiro de 10:30 a 13:30. ?WhatsApp e Skype: comunícache a través de Internet?

 

  • Mércores 24 de febreiro de 10:30 a 13:30. ?Trámites online: compras por Internet, pagos seguros e moito máis?

 

  • Xoves 25 de febreiro de 10:30 a 13:30. ?Redes Sociais?

 

  • Mércores 2 de marzo de 10:00 a 12:30. Seguridade na internet: precaucións e consellos en dispositivos móbiles.

 

  • Venres 4 de marzo de 10:30 a 13:30. ?A administración: cita médica e máis solicitudes de forma autónoma a través de Internet?.

 

Para máis información na aula CeMIT ou na páxina web www.cemit.xunta.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies