Ramallo pide á poboación xuvenil a súa participación no cribado masivo das farmacias

Ramallo pide á poboación xuvenil a súa participación no cribado masivo das farmacias

14 abril 2021
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, pronunciouse sobre a subida de nivel ao nivel medio do noso Concello. “É un toque de atención. Estamos subindo lento pero continuado e por iso non podemos baixar a garda e temos que cumprir con todo o que nos van indicando as autoridades sanitarias”.

É importante destacar que as dez farmacias de Marín están a facer xa o cribado con test masivos de saliva dirixido ás persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. “É unha franxa na que se detectan sobre todo asintomáticos, por iso pedimos que todos acudan realizala, porque é unha boa maneira de frear posibles contaxios en entornos familiares e nos centros educativos”.

A alcaldesa explicou que entre todas as farmacias da vila hai posibilidade de realizar cerca de 200 probas diariamente e lembra que no caso dos rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos deben ter consentimento dos pais ou titores legais. Unha vez se realiza a proba, pasan un par de días e a farmacia comunica o resultado á persoa que a realizou.

96.000 euros de fondos municipais para reforzar o plan de axudas da Xunta para a hostalaría

A alcaldesa detallou ademais que no caso de Marín son 96 establecementos de hostalaría os que se adheriron ao II Plan de Rescate da Xunta de Galicia, aos que se lles ingresarán 1.000 euros a maiores da axuda autonómica aportados polos fondos propios do Concello de Marín.

En total, isto suporá unha inversión municipal de 96.000 euros de xeito directo para os locais afectados polo peche e que recibirán sen necesidade de realizar ningunha tramitación nin na Xunta nin no Concello a maiores das que xa realizaron cando se adheriron ao plan do Goberno galego.

Anterior Pistoletazo de saída para a obra de renovación do céspede do Estadio de San Pedro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados