Pistoletazo de saída para a obra de renovación do céspede do Estadio de San Pedro

Pistoletazo de saída para a obra de renovación do céspede do Estadio de San Pedro

13 abril 2021
Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña acudiron a pé de campo co director de obra e coa empresa adxudicaria ao Estadio de San Pedro para coordinar o inicio das obras de remodelación do céspede, que pasará ser de herba sintética de última xeración ao que se lle realizará un lastrado con area de sílice e caucho.
A empresa que resultou adxudicataria dos traballos é Prace Servicios y Obras, que foi a que mellor oferta presentou entre as 11 candidatas que concorreron á licitación. As obras adxudicáronse por un importe de 405.230,40 euros e a empresa terá catro meses de prazo para a execución das mesmas.
En canto ao equipamento, a novidade será que as porterías de fútbol 7 serán pregables, con recollida na barandilla que arrodeará o perímetro do xogo, segundo as distancias homologables. O céspede colocarase sobre a base de asfalto existente tras realizar as oportunas nivelacións, necesarias en distintas zonas do actual terreo de xogo. Ademais, mellorarase a rede de rego engadindo cañóns de aspersión de auga de tipo emerxente.
Dentro do proxecto, está incluída a demolición da grada descuberta, que pasará a ser parte do céspede, de tal xeito que este terreo gañado poida ser destinado ao quentamento para os diferentes deportes. O muro de lonxitude desa mesma zona será tamén demolido, pero substituído por outro a base de formigón armado.

Anterior Marín concede as primeiras catro licencias para a apertura de furanchos esta tempada

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados