Contacto | Tel.:986 88 03 00

Reapertura o luns só para préstamo da Biblioteca Pública Vidal Pazos e o martes, do Museo Manuel Torres

Os dous edificios institucionais adicados á cultura na nosa vila reabrirán as súas portas nos vindeiros días, despois de preparar os protocolos específicos de prevención e garantía de saúde enmarcados nas normas da desescalada decretadas no Estado de alarma.

Tal e como informou esta mañá o departamento municipal de Cultura, a Biblioteca Pública Vidal Pazos volverá abrir ao público a partir do luns, con horario de atención ao público de 09.30 a 13.30 horas. Só estará permitido o préstamo e a devolución de libros, que serán depositados nunha caixa diferenciada a medida que vaian chegando á Biblioteca, para gardar a corentena esixida polos protocolos sanitarios para os exemplares.

Aínda permanecerán pechadas tanto as salas de estudio como as de consulta bibliográfica e non estará permitida a consulta de coleccións nin tocar os libros expostos. Desde a  Biblioteca lembran que segue activo e sen necesidade de carné de usuario o préstamo de libros electrónicos a través do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Tamén estará aínda sen abrir a sala infantil, que, de todos os xeitos, terá desde hoxe ao mediodía unha “reapertura virtual” coa publicación dun vídeo nos perfís sociais do Concello no que se pode ver, en formato time lapse, a nova imaxe deste espazo para os máis pequenos, cuns vinilos onde un Gago de Mendoza xuvenil vive aventuras con diversos personaxes de ficción.

O Concello prega a todos aqueles que vaian a asistir á Biblioteca que cumpran con todas as medidas de prevención e hixiene recomendadas, seguindo todas as normas que aparecen anunciadas na cartelaría colocada na instalación pública.

Museo Manuel Torres

Por outra banda, a Concellaría de Cultura anunciou tamén que o Museo Manuel Torres reabrirá as súas portas cun 30% do seu aforo como máximo, gardando así todas as garantías sanitarias derivadas da pandemia.

Lémbrase que, polo momento, non está permitidas nin as visitas grupais nin as de escolares, e tal e como xa acontece na atención ao público no Concello e como tamén sucederá na Biblioteca, será de uso obrigatorio a mascarilla e haberá que manter a distancia de seguridade de mínimo dous metros.

Para facilitar a visita ao Museo, establecéronse itinerarios no chan dun só sentido, márcase o aforo máximo en cada unha das salas e colocouse xel hidroalcohólico.

O Museo abrirá no seu horario habitual, de martes a domingo de 11,00 a 14,00 horas e de martes a venres de 18,00 a 20,00 horas.

Neste momento, ademais da exposición permanente sobre a obra de Manuel Torres, na primeira sala, adicada á muller, pode visitarse a exposición cedida pola Asociación “Retógenes” da historia de España a través das súas bandeiras e símbolos, partindo dunha reproduoión dun estandarte romano. Para acercar esta exposición aos máis pequenos, conta con figuras de playmobil coas súas bandeiras e os uniformes.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies