Reunión de coordinación para as Festas do Carmen

Reunión de coordinación para as Festas do Carmen

Desde o concello tivo lugar unha reunión de coordinación entre a policía nacional e a policía local coordinado a través da alcaldía e o concelleiro delegado da área para definir protocolos de actuación estes días.

A programación de festas, concertos e actividades e o propio día do Carmen centro as actuacións para tratar de reforzar, organizar e visualizar unha seguridade nos espazos abertos que concentrarán maiores aforos e actividades a desenvolver.

Para esta fin de semana farase un especial control a algunhas zonas que están a concentrar maior grao de persoas, sobre todo novas e que requirirá dunha actuación especialmente específica para esta zona.
A programación está pechada e irase matizando se as circunstancias sanitarias empelotan e require que se tome outras medidas máis restritivas en canto a aforos.

O obxectivo é promover actividades de dinamización de acordo con todas as medidas de seguridade.
Nas actividades tanto sentados como de pé esixirase o uso de máscara e terán sempre un control de aforo e medidas de seguridade de entradas e saídas.

Quedan reunións coa Escola Naval e coa Autoridade Portuaria tendentes a garantir un desenvolvemento tranquilo, dinámico, concienciado e coordinado.

É necesario incidir en que os asistentes a calquera evento ou actividade deben colaborar para que todo desenvólvase con normalidade e eficiencia seguín o previsto xa que o obxectivo municipal é que as actividades xeren dinamismo, que se poida iniciar xa unha actividade turística, comercial e hostaleira típica dun verán e supoñan non soamente unha inxección de ánimo senón e moi importante económica a sectores que estiveron paralizados moitos meses.

Anterior O Paseo Alcalde Blanco comeza cambiar a súa fisionomía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados