Contacto | Tel.:986 88 03 00

STOCK MARÍN, a feira de oportunidades coa que dinamizar o comercio local da nosa vila

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, e a presidenta do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Isabel Torres, informaron esta mañá de que se porá en marcha entre o 31 de xullo e o 2 de agosto na Alameda a primeira edición da Feira de Oportunidades Stock Marín.

Segundo explican desde a asociación, este evento substituirá ao que se viña celebrando nos últimos anos, o Saldomarín, e que pretende ser un revulsivo e unha bomba de alento para os nosos comerciantes para impulsar a súa actividade durante a “nova normalidade”, axudándolles a dar saída a todo o stock de material que non puideron vender por mor dos meses de parón polo confinamento.

Así, durante estes tres días, en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas, se instalarán na Alameda unhas haimas en distribución zig zag, de tal xeito que se poida respectar e garantir en todo momento a distancia física entre os postos. Todas as haimas contarán cun cadro eléctrico e con focos LED.

Haberá dous tamaños diferentes de haimas, ou ben de 3×3 ou de 5×5 metros e serán individuais. Os comerciantes que teñan o seu negocio en Marín terán prioridade sobre os doutros concellos á hora de solicitar a súa participación.

De cara a sufragar os gastos de publicidade e de promoción do evento, cobrarase o seguinte pola asignación dun posto no Stockmarín: 60 euros no caso das haimas máis pequenas e 120 no caso das grandes.

Debido a que, como acontecía no Saldomarín, non se dispón dunha carpa pechada, reforzarase durante o horario de peche a seguridade e a vixilancia.

Para participar, os comerciantes que teñan interese deberán contactar co CCA Estrela de Marín nos teléfonos 986891112 ou achegarse até a sede social da asociación, sita na Rúa Real, 10, baixo (en horario de 09.00 a 13.00 horas). Tamén teñen a opción de enviar un mail a info@estrelademarin.gal. O prazo de inscripción rematará o 25 de xuño.

Tal e como explica a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, este evento forma parte do Plan de Reactivación do Comercio Local impulsado polo Goberno municipal, cunha inversión global cercana aos 400.000 euros “e co que pretendemos poñer todos os nosos recursos a disposición das nosas empresas, comercios, negocios… para paliar, na medida do posible, as consecuencias económicas desta terrible situación que vimos de atravesar”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies