Marín reparte 62.000 euros en axudas para establecementos afectados pola pandemia con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O Concello de Marín, a través da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, repartiu un total de 62.000 euros en axudas para aqueles establecementos afectaos pola situación pandémica que se derivou da crise sanitaria da Covid-19.

Estas axudas, que se articularon a través do ente provincial, a razón de 1.000 euros por cada local, tiveron o obxectivo de servir como palanca de apoio aos establecementos hostaleiros que notaron de xeito notable as consecuencias das medidas que se tomaron para frear a propagación da Covid-19.

Esta é a relación de axudas concedidas:

Anterior Listaxe Campamentos 2022 All posts