100 novas troitas adultas para o Lago Castiñeiras

O Lago Castiñeiras volve acoller nova fauna para seguir facendo resplandecer a súa riqueza. Desde a Piscifactoría da Xunta de Galicia de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) trouxeron 100 exemplares de troita común de 20 centímetros de media para seguir apostando pola repoboación desta especie no lago.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu á solta das troitas e expresou o importante que é “seguir mantendo o lago neste sentido, apostando polo seu enriquecemento medio ambiental”.

A última vez que se botaron estas especies foi en novembro do mes pasado, cando se deixaron 6.000 exemplares de alevíns para que foran entrando en contacto co medio.

Anterior Ramallo fai a primeira visita institucional á Escola Naval Militar desde a constitución do novo Goberno local All posts