Os campamentos de conciliación de verán, un éxito absoluto que duplica a asistencia de nenos e nenas

Os campamentos de conciliación de verán, un éxito absoluto que duplica a asistencia de nenos e nenas

Saídas á Finca de Briz, visitas ás praias, xincanas e actividades lúdicas nos xogos acuáticos do Paseo Alcalde Blanco… Son moitísimas as actividades que se foron organizando durante o mes de xullo nos campamentos de conciliación e que seguirán ofertándose en agosto.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, record que este ano “fixemos un doble esforzo para poder ofertarlle ás familias de Marín este servizo durante o verán, que sabemos que é moi demandado en materia de conciliación, e duplicamos as prazas”.

Neste sentido, en Mogor hai o dobre de nenos e nenas dos que había habitualmente, pasando de 25 a 51. Algo semellante ocorre no Sequelo, onde se pasa de 50 a 88 participantes.

Ademais de todas as actividades antes mencionadas, nos campamentos os pequenos e pequenas da casa cultivan a parte máis deportiva, coas saídas multideporte que se organizan nos pavillóns ou ás visitas das escolas de kickboxing do municipio, ou incluso a tradición e a cultura unida ao ocio, grazas ás xornadas de xogos populares que se desenvolven da man da Asociación Gharaboto.

Anterior A COVIÑA

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados