A Policía Local conta cun novo coche eléctrico e o punto de carga correspondente

A Xunta de Goberno local aprobou a adquisición dun vehículo eléctrico para o servizo da Policía Local de Marín, co obxectivo de contar con flotas automovilísticas municipais máis ecolóxicas e sostibles. Esta dotación foi posible grazas a unha subvención de 33.600 euros, financiado polo Fondo de Compensación Ambiental.

Tamén se dotou dun punto de carga para o mesmo, que se enmarcou dentro do Programa de Incentivos á Mobilidade Eficiente e Sostible do Programa MOVES III, financiado pola Unión Europea a través dos Fondos NextGenerationUE.

Anterior O Concello consegue achegar posturas entre a hostalaría e o Ateneo Santa Cecilia para a celebración do San Migheleiro All posts