Sorteadas as 100 tarxetas regalo da campaña do Día da Nai 
Sorteo Día da Nai

Sorteadas as 100 tarxetas regalo da campaña do Día da Nai 

A Sala de Xuntas do Concello de Marín acolleu esta mañá o sorteo das 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros cada unha que o Goberno local reparte co gaio da Campaña do Día da Nai. No sorteo estiveron presentes as concelleiras Cristina Acuña e Marián Sanmartín, así como un funcionario municipal, encargado de levantar a acta.

As persoas agraciadas están a ser contactadas telefónicamente para que acudan a recoller a súa tarxeta entre mañá e pasado na Oficina de Turismo da Praza de España, con horario de 11.00 a 20.30 horas.

A tarxetas poderá ser utilizadas nos comercios e locais de hostalaría da vila con límite ata o 30 de xuño.

Anterior O Open Villa de Marín de Boxeo reunirá a máis de 500 deportistas de todo o mundo nun evento histórico

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados