O Concello celebra o éxito da edición máis ambiciosa e multitudinaria da Festa Corsaria
O venres abrirá o prazo para solicitar a instalación de mesas na Festa Corsaria

O Concello celebra o éxito da edición máis ambiciosa e multitudinaria da Festa Corsaria

A alcaldesa asegura que esta festa foi crecendo a moi bo ritmo e que agora está “nun punto fantástico, con moitísima participación de xente de todas as idades e de moitos colectivos”

Marín, 18 agosto 2025

A Festa Corsaria que fixo vibrar á vila o pasado sábado ten un balance “plenamente satisfactorio”. Así o expresou o alcaldesa de Marín, María Ramallo, que pasada a fin de semana marcada por esta festividade, que se vén celebrando desde o 2012, asegura que se está “no mellor punto posible”.

Con moitísimos establecementos de hostalaría implicados, a través da ampliación de terrazas, e un récord total de mesas de particulares autorizadas para comidas e ceas, desde o Concello non se dubida en afirmar que foi “a edición máis multitudinaria”.

“Xa o venres houbo unha maior participación da que nos esperábamos, pero é que o sábado, Marín estaba cheo, cunha climatoloxía ideal que tamén acompañou. Houbo un ambiente fantástico durante todo o día e sobre todo unha gran participación tanto de colectivos de Marín como de grupos de persoas que se xuntan e fan un enorme traballo de decoración e de indumentaria que mantén viva e fai crecer a alma da festa”, engadiu a rexedora.

Por outro lado, Ramallo quixo agradecer o labor tanto da plantilla da Policía Local, “coa que fixemos unha ampliación para reforzar a presenza de axentes” e á Policía Nacional. “Tiñamos moi coordinado o traballo grazas ao Plan de Seguridade que elaboramos para a festa e que por sorte funcionou perfectamente, sendo unha xornada e unha noite sen maiores incidentes e tranquila a pesar da enorme afluencia de xente durante todas as horas”.

Anterior Cerca de 90 cabalos xuntaranse na Rapa das Bestas do Monte Gagán esta fin de semana

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados