A alcaldesa recibe á nova directiva da Comunidade de Montes de San Xulián
A alcaldesa recibe á nova directiva da Comunidade de Montes de San Xulián

A alcaldesa recibe á nova directiva da Comunidade de Montes de San Xulián

Acompañada polo concelleiro Pablo Novas, escoitou as liñas xerais de actuación que ten a Comunidade, como centrarse na limpeza de franxas secundarias e seguir revitalizando o Lago Castiñeiras

Marín, 10 setembro 2025

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, recibiron no Concello á nova directiva da Comunidade de Montes de San Xulián, cuio novo presidente é José Iglesias.

Durante o encontro, a nova directiva expuxo á rexedora as liñas de traballo nas que se queren centrar nos próximos anos de cara á xestión do monte comunal, así como cales son as vías de colaboración que se poden explorar co Concello.

Unha das cuestións máis relevantes é a da limpeza das franxas secundarias, unha acción esencial para loitar contra os incendios forestais e evitar a súa afectación ás vivendas. Desde o Concello estase facendo un importante labor burocrático para facer chegar as notificacións ás persoas propietarias dos terreos, entre as que tamén están as comunidades de montes, notando xa un gran avance. A nova directiva asegurou que será unha prioridade para o inverno limpar todas as que teñen en terreo comunal de cara a telas listas para a tempada estival.

Por outro lado, seguirase traballando conxuntamente para potenciar o Lago Castiñeiras e o Parque de Cotorredondo, unha xoia natural que temos na vila e na que grazas aos fondos do Plan de Sostibilidade Turística de Galicia, o Concello está a adecentar e mellorar espazos. Na última intervención, por exemplo, mellorouse o itinerario peonil que rodea o lago, creouse un parking para aliviar de coches toda esa contorna e creouse tamén un Auditorio ao aire libre.

A rexedora desexou á nova directiva moitos éxitos e acertos na súa xestión e tendeu a man á Comunidade de Montes para seguir traballando man a man polo monte e o rural marinense.

Anterior Ramallo e Novas visitan a mellora do alumeado público de Vilaseca, que se reforzou con 22 novos puntos de luz

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados